Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela organiza unha mesa redonda sobre o alzhéimer

alzheimer

A charla, na que se abordarán cuestións como a prevención do alzhéimer así como o seu diagnóstico e tratamento, desenvolverase no Multiúsos da Xunqueira este xoves ás 19:30 horas a cargo da médica de familia Carmen Tuche. Unha actividade orientada a público en xeral pero especialmente a enfermos e familias coidadoras na que participarán tamén os Centro de Día de Redondela e a Asociación Afaga.

A mesa redonda contará coa presenza de diferentes expertos que falarán desta enfermidade na xornada na que se conmemora o Día Mundial do Alzhéimer. Unha cita na que se abordarán cuestión tales como síntomas comúns, diagnóstico e tramento, achegándose tanto os problemas de saúde físicos que supón o Alzhéimer como os psicolóxicos, e tamén os programas de rehabilitación que existen.

Moderada pola concelleira de Persoas Maiores e médica xubilada, Pilar Martínez, intervirán a médica de familia Carmen Tuche e como convidados participarán todos os Centros de Día de Redondela (Arela, CAPM de Redondela, Os Cortizos, Galeón e Maiores Activos). O acto contará tamén coa participación de AFAGA Alzhéimer, entidade sen ánimo de lucro que realiza actividades para mellorar a calidade de vida dos enfermos de Alzheimer e outras demencias e os seus familiares, ademais de ofrecerlles información e asesoramento.

Unha actividade que busca “dar visibilidade a unha doenza que é a forma máis frecuente de demencia e que afecta a máis de 50 millóns de persoas en todo o mundo, cifra que segundo a OMS vaise triplicar de cara ao 2050″, sinala a alcaldesa Digna Rivas quen convida a veciñaza a asistir a esta cita.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará