Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Denunciado un home de 60 anos tras ser sorprendido ao volante sen ter o permiso de conducir

poli local

Os feitos producíronse ás 23:45 horas da noite do martes nun control aleatorio da Policía Local na rotonda de Reboreda. Os axentes déronlle o alto a un vehículo e o seu condutor non puido acreditar a posesión do permiso de conducir polo que foi denunciado por un delito contra a seguridade viaria instruíndose dilixencias ao Xulgado de Garda de Redondela.

O varón, veciños de Soutomaior de 60 anos de idade asegurou, tras ser sorprendido neste dispositivo de prevención da Policía Local que si contaba co carné de conducir que presuntamente obtivera en Arxentina. Con todo, non puido acreditar ese feito comprobando ademais os axentes que tentara obter un permiso en España sen chegar a superar as probas.

Por este motivo, os axentes procederon a instruír dilixencias ao Xulgado de Garda onde foi denunciado por un presunto delito contra a seguridade viaria.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará