Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Paula Acosta, psicóloga: “O Alzhéimer afecta cada vez a xente máis nova”

afaga altzéimer

As investigacións en torno a unha enfermidade que afecta a día de hoxe a 800.000 persoas en toda España son prometedoras, pero actualmente non hai fármacos que “curen” o Alzhéimer. Si hai hábitos que nos van axudar a previr os seus efectos e ralentizar a súa evolución. De todos isto falarase na mesa redonda que se celebra ás 19:30 horas de hoxe no Multiúsos da Xunqueira con intervencións da médica de familia Carmen Tuche, os Centros de Día de Redondela, a concelleira Pilar Martínez e a psicóloga de Agaga, Paula Acosta.

Afaga Alzheimer é unha entidade sen ánimo de lucro que realiza diferentes actividades destinadas a melorar a calidade de vida dos enfermos de Alzhéimer e outras demencias así como ofrecer información, asesoramento e orientación aos enfermos e as familias. A súa psicóloga, Paula Acosta estará presente hoxe nunha mesa redonda na que se falará, entre outras cuestións, do seu diagnóstico “non sempre doado”.

Existen diferentes rasgos que nos poden facer sospeitar que unha persoa padece alzhéimer como dificultade á hora de expresar os sentimentos, deixar obxectos en lugares extraños ou esquecementos que antes non tiñamos e que agora si detectamos. Un dos temas nos que centrará a súa charla será precisamente en achegar información sobre o proceso que se debe seguir cando hai unha sospeita dun posible caso de demencia así como as redes de apoio existentes tanto para os enfermos como as familias que deben enfrontarse a unha situación que lle supón unha gran carga psicolóxica como coidadores. Insiste ademais en que “está cambiando o perfil dos diagnosticado, e cada vez hai xente máis nova”.

A detención precoz é fundamental para poder actuar dende un inicio cos diferentes fármacos existentes pero tamén con terapias orientadas a ralentizar o avance da enfermidade.

Neste sentido apunta Acosta que se trata dunha enfermidade multicausal, sen cura a día de hoxe, polo que é importante seguir unha serie de pautas que nos van axudar a atrasar a súa aparición e frear o deterioro que conleva “hai actividades que van axudar como seguir unha dieta saudable, facer exercicio, manter unha vida social activa e realizar actividades de estimulación cognitiva”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará