Aquelas persoas que realizaran compras nalgúns establecementos do comercio local dende o pasado luns 18 ata este venres día 22 poderán ser hoxe as afortunadas no sorteo presencial que terá lugar esta tarde ás 20:30 horas na praza do Concello. Para poderen participan deben canxear eses tickes por boletos ente as 17:00 e as 20:00 horas.
Unha iniciativa que parte dende a Federación de Comercio de Pontevedra e a Dirección Xeral de Comercio en colaboración coa Asociación de Empresarios de Redondela. Repartiranse un total de 1000 euros repartidos en 20 tarxetas de 30 euros e 8 tarxetas de 50 euros.
O obxectivo da mesma é dinamizar o comercio de proximidade a través de compras directas nos comercios locais.