Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior arranca o servizo de “transporte a demanda” para colectivos vulnerables

soutomaior

Persoas usuarias de servizos sociais, persoas en risco de exclusión social, persoas maiores e todas aquelas con necesidades de transporte específicas serán as primeiras en beneficiarse dun servizo que comezará a funcionar o vindeiro luns. Supón a primeira fase do proxecto de transporte a demanda que facilitará a achega destas persoas ás dependencias municipais e ao centro de saúde de Arcade.

O servizo, que vai a cargo do orzamento municipal e será gratuíto para as persoas usuarias, ten por obxectivo facilitar o transporte ás persoas dos colectivos mencionados que teñan citas nas dependencias municipais -con especial énfase nos servizos habilitados no Centro de Benestar Integrado de Soutomaior- ou no centro de saúde de Arcade, así como para cubrir outras necesidades sociosanitarias.

Esta primeira fase do transporte a demanda será tramitada directamente polos Servizos Sociais do Concello de Soutomaior, que se encargarán de xestionar todo o procedemento. Tras esta primeira fase, a intención do Concello de Soutomaior é poder ampliar o servizo a máis colectivos e veciñanza.

O Concello leva semanas a traballar co obxectivo de poñer o servizo en marcha canto antes polo que dende a alcaldía mantivéronse reunións co sector de taxistas do concello para avanzar na implantación deste servizo, que finalmente xa é unha realidade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará