Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela celebra o Día do Remo cun intenso programa de deporte e actividades festivas

día do remo

O Club de remo de Chapela xunto co Concello organizan este sábado 23 a sétima edición do Dia do Remo. Unha xornada que arrancará ás 11:00 horas cunha tavesía popular a remo e que se prolongará durante todo o día con actividades culturais, citas gastronómicas e concertos co grupo Gin Toni’s e o DJ Rodri Vegas, encargado de pechar a xornada. Dende a alcaldía Digna Rivas salienta o carácter festivo e multidisciplinar dunha xornada que aposta pola convivencia entre persoas de diferentes idades.

Chapela volve ser este sábado capital do remo nunha xornada na que deporte, cultura e gastronomía van da man. A xornada arrancará ás 11.00 horas cunha travesía popular a remo na que poden participar embarcacións de todo tipo co único requisito de que estean propulsadas a remo. Aos bateis, traiñeiras ou piraguas sumaranse outras embarcacións tradicionais como dornas ou gamelas. Os participantes percorrerán unha distancia de 4 millas náuticas con saída desde Arealonga, pasarán por baixo da ponte de Rande até chegar ao museo de Meirande e logo regresarán a Chapela. Unha actividade que se completa cunha recreación da batalla naval de 1702 a cargo das Asociación Cultural de Rande.

Ás 12.00 horas está prevista a celebración dunha regata de traiñeiras na categoría de veteranos coa modalidade de contrarreloxo cunha distancia de 2.500 metros.

A partir das 13.30 horas e para repoñer forzas terá lugar o xantar baixo unha carpa instalada no paseo marítimo de Chapela onde se elaborará unha paella xigante de marisco con máis de 700 racións.

As actividades continuarán ás 17.00 horas coa regata Día do Remo na que participarán remeiros e remeiras de Chapela e doutros clubs galegos. O gran remate da festa será a cea, aberta a todo o público, onde se degustarán dúas tenreiras ao espeto preparadas polo asador cántabro Ángel Azcano e mexillóns ofrecidos polos bateeiros locais.

A concelleira de Cultura e Turismo, Rita Pérez, adiantou que a música será tamén protagonista desta xornada festiva coa actuación de Gin Toni’s, “unha banda divertida cun gran directo que nos fará viaxar polas versións dos mellores temas do pop rock español, desde os 80 até a actualidade, e o Dj redondelán Rodri Vegas será o encargado de animar a festa ata a madrugada”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará