5Coruña FS 3-4 Pazos
Loitou o pazos por acadar a vitoria na súa visita ao campo do 5Coruña nun partido que malia que se complicou na segunda parte arrancaba con moi boas espectativas para o Pazos. De feito, na primeira metade do encontro todo apuntaba a unha vitoria cómoda para o equipo visitante que chegou ao descanso cun marcador a favor de 0-3. As cousas complicáronse logo do descanso, cando o empurre do equipo herculino logrou acurtar distancias ata chegar ao final cun axustado 3-4 a favor do Pazos que amosa así un estado de forma inmellorable neste arranque da Terceira División.
Na vindeira semana os de Pazos reciben ao Baíña pero a cita máis inmediata será este mesmo martes contra o Lugo Sala. Partido da Copa do Rei no pavillón municipal de Pazos ás 20:00 horas. Unha cita na que o deporte irá da man doutras disciplinas como o baile a cargo de Jarana Dance quen ofrecerá tres actuación, unha antes da chegada dos equipos ás 18:45, outra previa ao encontro ao redor das 19:50 e repetirán no descanso. A música correrá a cargo do DJ KY Music.
As entradas están a venda a 5 euros público en xeral mentres que os socios do club entrarán gratis.
Redondela FS 9-5 Bueu
Na preferente Galicia vitoria contundente para o Redondela Rodavigo que xogaba co Bueu e brindaba a súa afección un triunfo por 9-5. Partido con moitos goles que deixa un bo sabor de boca aos de Redondela que na próxima xornada xogan na casa do Beade.
Marín Futsal 7-1 Campito Chapela
Peor lle van as cousas ao Chapela que nesta segunda xornada caía na súa visita ao campo do Marín. Vitoria contundente para os locais pro 7-1. Na vindeira semana xogan no campo do Cesures.