División de Honra Xuvenil
Lugo 1-2 Choco
O Choco mantén vivo o soño de manterse entre os mellores da táboa. A vitoria desta fin de semana no campo do Lugo permítelles manterse na zona alta da táboa. Ocupan a 4ª praza na clasificación a tan só 3 puntos do líder, o Oviedo. Está a tres puntos do liderado. Chegaban ao campo da Cheda empatados a puntos co Lugo, pero o conxunto redondelán demostrou a súa superioridade e púxose por diante na primeira metade. Na segunda parte os locais apertaron máis e aos de Hugo Álvarez tocoulles sufrir, pero aguantaron por diante no marcador e acadaron unha importante vitoria. A próxima xornada tócalles xogar novamente como visitantes, será en terras cántabras ante Revilla, cos anfitrións como penúltimos clasificados
Preferente
Juvenil Ponteareas 0-0 Choco
Reparto de puntos nun partido sen goles nos que o CD Choco desaproveitou as súas ocasións. No primeiros minutos de xogo o equipo ponteareán saíu con máis garra, pero aos poucos foi perdendo pulos e o Choco medrou. Na metade do primeiro tempo os dous conxuntos deron mostra dun xogo forte, co balón no centro de campo e sen dar ocasións ao rival. As alternativas foron constantes para os dous equipos, pero faltou o acerto e as xogadas claras de perigo. Nos últimos intres foron os choqueiros os que dispuxeron de máis ocasións, con dúas de Fernando Méndez nos seis minutos finais, pero sen premio.
O empate deixa ao Choco no 7º posto da táboa. Na próxima fin de semana reciben en Santa Mariña ao Alertanavia.
Primeira Autonómica
Beluso 2-2 Arcade
Mantense a igualdade na táboa entre o Arcade e o Beluso logo deste empate. Na próxima xornada recibe ao Matamá, 2º na táboa.
Segunda Autonómica
Soutomaior 4-0 Cesantes
O Soutomaior demostrou a súa superioridade no derbi comarcal cunha contundente vitoria sobre o Cesantes. Na próxima xornada o Soutomaior xogará no campo do Zacande, mentres que o Cesantes recibirá ao Combarro, tamén da parte baixa da táboa.
Terceira Galicia
At.Villar 2-5 Teis
Nespereira 1-6 Castrelos
Tebra 3-1 Chapela
Derrotas abultadas para os tres equipos da bisbarra. Na próxima xoranda disputaranse os encontros G.Peña- At.Vilar; Peñasco-Nespereira e Chapela-Racing Vilariño