Foto: Fon Decon
O río Alvedosa presenta dende hai uns días unha cor marrón que fixo saltar as alarmas entre a cidadanía. Con todo, dende o a Concellería de Medio Ambiente explican que non se trata dun vertido contaminante “a cor chocolate débese ao movemento de terra que se está a realizar nunha finca privada no paseo do Maceiras por mor da realización dun muro” explica a concelleira Pilar Martínez.
Unha obra que contaría con todos os permisos pertinentes malia o cal dende o Concello aseguran estar pendentes das súas consecuencias e de ter informado a Augas de Galicia. A obra consiste no levantamento dun muro nunha leira particular para o cal se realizou un movemento de desterre que provocou que parte desa terra acabara no leito do río cuxas augas baixaron completamente turbias nas últimas xornadas.
Malia o mal aspecto do Alvedos explican os responsables municipais que tan só “é terra”.