Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Pazos FS despídese da Copa do Rei tras caer derrotado ante o Lugo Sala

pazos fs

Unha primeira parte con vantaxe para os locais facía soñar aos de Pazos que se foron ao descanso coa vitoria nas mans cun marcador de 2-1. As cousas mudaron tras pasar por vestiarios. Os xogadores do Lugo impuxéronse claramente na segunda parte nun partido que rematou co resultado de 2-8.

Un ateigado Pavillón Municipal de Pazos vivía onte unha xornada histórica no deportivo cunha nova rolda da eliminatoria da Copa do Rei. O Pazos recibía a un rival de Segunda División, o Lugo Sala nun partido no que os locais foron quen de poñer en apuros aos visitantes. De feito, a vantaxe chegou a ser de 2-0 o que desataba a euforia nas bancadas. Con todo o Lugo Sala lograba recortar distancias antes de irse ao descanso marcando o seu primeiro tanto do partido.

As cousas mudaron na segunda parte. Os visitantes tiveron o control do esférico de principio a fin e dende o minuto 26 ao 30’’ anotaron 4 goles colocándose por diante e deixando encarrilada a clasificación que confirmaron cun resultado final de 2-8. Con todo, gran encontro dos de Matilla que non se fixeron co partido pero si coa ovación dos seareiros.

Dende o club amosan a súa satisfacción por ter participado na Copa do Rei “unha participación curta pero intensa que deixa dúas festas no Pavillón Municipal de Pazos no ano no que conmemoran o seu 30 aniversarios”.

O vindeiro domingo regresa a competición ligueira cunha cita tamén na casa onde recibirán ao Baíña FS.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará