Rematamos a visita a Sargadelos repasando a última etapa da historia desta industria. Foi Isaac Díaz Pardo quen, un século despois do peche da fábrica, fixo rexurdir esta industria nos anos 70. Na visita ao complexo histórico industrial de Sargadelos podemos coñecer o pasado da factoría e tamén visitar as antiguas fraguas e os altos fornos, o Paseo dos Namorados ou a senda botánica. Rosana Prieto dános todos os detalles.