Irina Melero mostra as súas pinturas na Casa da Torre nunha exposición que pode visitarse ata o vindeiro 13 de decembro
A Casa da Torre acolle ata o vindeiro 13 de decembro a exposición de pintura “uno sguardo” da artista pontevedresa Irina Melero. Unha mostra chea de miradas e de cor, a obra desta artista sorprende pola súa orixinalidade, innovando en canto a formas, técnicas e materiais. Melero opta por empregar o ordenador e mostra as súas preferencias polo uso do rotulador así como do collage para realizar as súas creacións tan particulares.