Un total de 30 establecementos ofrecen durante a xornada de hoxe e mañá os seus produtos rebaixados e ofertas especiais nesta feira de oportunidades do comercio local. Os stands, instalados na Alameda Castelao, recibían unha importante influencia de público dende a súa hora de apertura ás dez da maña e confían en que, malia as altas temperaturas, a clientela se achegue a este evento comercial.
A Asociación de Empresarios valoraba moi positivamente o inicio da feira que nada máis abrir as súas portas xa contou coa presenza de numerosos veciños e veciñas que se achegaban a estos stands a coñecer as ofertas dos 30 comercios participantes.
En horario continuado, hoxe ata as nove da noite e o domingo dende as once ata as oito da tarde, a veciñanza poderá beneficiarse das ofertas en moda, calzado e complementos pero tamén poderemos atopar descontos interesantes en alimentación, vehículos, agro, xardín, decoración e beleza de benestar.
A feira conta, a maiores, con distintos espazos de xogos infantís, photocall, ludoteca e taller de maquillaxe así como música para animar as compras.