Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco deixa escapar dous puntos en Santa Mariña

chocoAnterior

Imaxe do CD Choco nun partido anterior

Preferente

Choco 2-2 Alertanavia

Reparto de puntos en Santa Mariña nun encontro no que houbo unha parte para cada un dos equipos. Na primeira metade dominou o Choco, e na segunda o xogo púxoo o Alertanavia. O primeiro gol foi dos locais, anotou Capelo no minuto 37, e ao comezo da segunda parte Pardevila amplou o marcador co 2-0. A partir de aí o Alertanavia veuse arriba e poucos minutos despois Costa puxo o 2-1 no marcador, recortando distancia para os visitantes. E ao pouco, no minuto 66, Berto asinou o empate a dous goles. Quedaba aínda tempo de xogo, e malia que houbo ocasións para desequilibrar a balance o partido remataría en táboas. A próxima fin de semana o Choco tentará sumar fóra, visitan o campo do Allariz, cos ourensáns na parte baixa da táboa.

División de Honra Xuvenil

Revilla 1-0 Choco

Mal partido para Choco Xuvenil en terras cántabras, nun campo de pequenas dimensións e no que as decisións arbitrais tampouco axudaron aos redondeláns. Derrota pola mínima cun gol de penalti do Revilla.

Primeira Autonómica

Arcade 6-2 Matamá

O Arcade escala posicións na táboa logo de impoñerse cun rotundo marcador ao Matamá. Na próxima fin de semana visitan o campo dun dos últimos clasificados, o Chaín, que suma tan só 1 punto nas catro xornadas de liga disputadas.

Segunda Autonómica

Derrota para os dous equipos de segunda autonómica, nin Soutomaior nin Cesantes viron portería.

Zacande 1-0 Soutomaior

Cesantes 0-2 Combarro

Na próxima xornada dispútanse os encontros Domaio-Cesantes e Soutomaior-Atl.Combarro.

Terceira Galicia

G.Peña 0-3 At.Vilar

Peñasco 5-0 Nespereira

Chapela 2-1 Racing Vilariño

Na próxima fin de semana xóganse os encontros: Atl.Vilar-Santiaguiño; Nespereira-Balaídos e Oliveira-Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará