Remeira do club de Chapela e campioa de España dous anos consecutivos, Antía Rodríguez Rodríguez repasa nos micrófonos da Radio Municipal a evolución deste deporte nos últimos anos así como a súa presenza nas filas do Club dende hai 15 anos.
Salienta como un avance importante que no 2019 se igualaran as distancias e os premios económicos que se conceden nas regatas as embarcacións masculinas e femininas, pero apunta que aínda queda moito por facer.
No persoal, logo de dous títulos de España só aspira “a repetir o éxito de tempadas anteriores”. Máis ambiciosa é no global “lograr que a liga feminina teña o mesmo recoñecemento que a feminina”.