As investigacións para esclarecer o inicio do lume no establecemento Tien 21 na rúa pai Crespo seguen abertas, pero todo apunta a un posible cortocircuito que provocaba un aparatoso incendio ao redor das 17:00 horas deste martes. Malia que non houbo feridos a Policía Local procedeu a desaloxar aos veciños do primeiros andar do edificio debido á intensa acumulación de fume. O lume quedou extinguido contra as sete da tarde.
Os feitos producíronse ao redor das cinco da tarde cando un particular alertaba ao 112 Galicia do incendio nun establecemento comercial na zona do Funil en Redondela. Ata o lugar desprazouse un indicativo da Policía Nacional, interviron Emerxencias Concello Mos e bombeiros do Baixo Miño así como axentes da Policía Local e protección civil de Redondela que se encargaron de sufocar un incendio e realizar a tarefas de ventilación.
Os axentes, ademais de evacuar aos veciños do primeiro andar tamén recomendaron o peche das fiestras debido a intensa acumulación de fume.