Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A oficina de turismo de Soutomaior bate records de visitas na nova localización no barrio da Feira

IMG_20230727_202653 (1) (1)

A oficina multiplicou por dez o número de visitas respectos aos datos anteriores a pandemia. Un servizo que puxo fin a súa actividade no ano 2023 tras estar aberta entre o 15 de xullo e o 30 de setembro. Nestes dous meses e medio, as dúas técnicas de turismo contratadas polo Concello de Soutomaior atenderon un total de 3.930 persoas. Trátase do mellor dato desde que hai rexistros (por enriba dos 1.500 de 2015) e multiplicando por 10 as cifras de atención ao público en 2019, ano anterior á pandemia, cando pasaron 393 persoas pola Oficina de Turismo.

Para o goberno de Soutomaior, estes datos reafirman o éxito de abrir a Oficina de Turismo no barrio da Feira, un punto situado nun paso estratéxico para milleiros de peregrinos e peregrinas que cada día percorren o Camiño de Santiago portugués. O Concello lembra que só na quincena de xullo que a Oficina de Turismo estivo aberta xa se superara o total de persoas atendidas durante todo 2022 (843 persoas en xullo de 2023 fronte ás 631 de todo 2022.

As técnicas de turismo contratadas polo concello elaboraron un informe estatístico pormenorizado que servirá para coñecer o perfil habitual das persoas visitantes de Soutomaior e deseñar estratexias que permitan captar novos perfís de potenciais visitantes que sexan beneficiosos para a economía local de Soutomaior. Outro dos obxectivos deste informe é avaliar en que aspectos se debe enfocar a estratexia turística do Concello. Neste sentido, o goberno de Soutomaior fai especial énfase en aumentar a pernoctabilidade e conseguir que Soutomaior deixe de ser un lugar de paso e se converta nun destino de referencia internacional para calquera que chegue ao municipio.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, valorou positivamente os datos de atención da Oficina de Turismo e sinalou que o Concello está traballando desde xa mesmo de cara á campaña turística de 2024.Tiñamos claro que poñer a funcionar a Oficina de Turismo no punto de entrada do Camiño de Santiago en Soutomaior, por onde entran os peregrinos e peregrinas e por onde beneficiamos aos negocios locais, ía ser positivo para o concello, e estes datos confirman que tomamos a mellor decisión e que debemos seguir traballando neste sentido”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará