O animal foi localizado o pasado luns por unha veciña quen escoitou os seus ladridos e deu aviso a policía local quen procedeu ao seu rescate. O can recupérase agora no Centro de Acollida da Deputación (CAAN) e será posto en adopción. Dende a Policía piden a colaboración cidadá para localizar aos propietarios do animal que se enfrontan a un delito de abandono tal e como está recollido no código penal.
O maltrato animal é un problema que ten múltiples manifestacións. No caso de Redondela nos últimos tempos dende o Concello veñen denunciando a aparición de gatos abandonados que están a seren recollidos pola propia administración dentro da súa campaña de esterilización e adopción. A día de hoxe buscan unha familia para Gali, unha gata nova, moi sociable que foi rescatada cun alto grado de desnutrición. Xa recuperada búscase unha familia que a adopte.
Con todo, o último dos casos de maltrato lévanos ata Cabeiro, lugar onde apareceu un can de medio tamaño metido nun contenedor do lixo. Afortunadamente os ladridos do animal alertaron unha veciña e puido ser rescatado con vida.
Dende o servizo da Policía pídese a colaboración cidadá para quen poida achegar algún dato sobre a procedencia do animal así como a dos seus propietarios.