A voceira do Partido Popular local, Francisca Canal, denuncia que a rehabilitación do pavillón quedou mal feitas e sen rematar, con vestiarios moi pequenos e obsoletos e cunha pista esvaradía.
Os populares redondeláns acusan a nacionalistas e socialistas de “despilfarrar” os cartos públicas na reforma do pavillón de deportes. A obra que tivo un custe de 386.904 euros foi financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemeto Rexional. Uns cartos que segundo os populares foron mal empregados polo goberno local e considérano un exemplo da falta de planificación e coordinación do bipartito, que segundo afirman, está a adxudicar as subvencións que reciben de organismos externos ao seu libre albedrío. Canal asegura que a pista quedou esvaradía, os vestiarios seguen sendo pequenos e obsoletos para hoxe en día e a parte superior do edificio quedou sen rematar, xa que, segundo a popular, esta “zona ía destinarse a oficinas pero como non chegaron os cartos quedou sen finalizar”. Os populares pregúntanse por que non se construíron unhas instalacións totalmente novas desde o comezo, xa que os 400.000 euros serían suficientes, segundo din, para a construción dunha nova instalación deportiva