Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela Rodavigo olla cara arriba

Redondela FS Vianarino

Terceira

Praias de Barreiro 4-3 SD Pazos de Borbén

O Pazos suma a segunda derrota e, malia que se mantén na sétima praza do grupo, cada vez está máis lonxe da cabeza da táboa. Os anfitrións sumaron a súa primeira vitoria nesta cuarta xornada. Na próxima fin de semana o Pazos volve xogar fóra, será na pista do DistritoVentorrillo, cos coruñeses liderando a táboa empatados co filial do Noia.

Preferente Galicia

Redondela 5-2 Vianarino

Os goles de Pablo Villar, Piky, Borja Rúa e Álex Pazos por partida dobre serviron ao Redondela Rodavigo para superar ao Vianarino na cuarta xornada de liga. Suman xa tres vitorias en catro xornadas e xon 3º na táboa, empatados co Marín, que é 2º, e a tres puntos do líder, o Valladares. Na próxima xornada viaxan ao Barco para medirse ao Pizarras Los Tres Cuñados, situados na metade baixa da táboa.

Campito 1-6 A Quinta de Tui

Os de Chapela perderon por goleada ante a Quinta. Na próxima xornada visitan a pista do Bueu.

Primeira Autonómica

Valladares B 3-4 Areaglonga

Crecente FS 4-7 Campito B

Pazos B 4-9 Celado Mos

Na próxima xornada dispútanse os encontros: Arealonga-Pazos B e Campito B-Valladares B

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará