Imaxe da praia de Samil ateigada de público no mes de outubro
Case mediados de outubro e termómetros por riba dos 30 graos en moitos puntos de Galicia. Son as consecuencias dun cambio climático do que a comunidade científica leva décadas advertindo. A temperatura no aire marca este ano novos máximos históricos, e tamén a temperatura da auga. O fenómeno xa non ten volta atrás, pero estamos aínda a tempo de evitar efectos catastróficos. Falamos con Antón Lois, da ONG Amigas da Terra.