Hoxe é Venres 18 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Curso de auxiliar de axuda a domicilio para mulleres

RR_Noticias

O prazo para poder acceder a esta formación cunha importante saída laboral remata o vindeiro luns 30 de novembro. As interesadas deben inscribirse no teléfono 986 402608.

A Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade oferta 12 prazas totalmente gratuítas para  un curso formativo de Auxiliar de Axuda a Domicilio, de 465 horas. A empresa Xentes será a encargada de impartir o curso que formará a mulleres con dificultades de integración socio-laboral e diferentes problemáticas para que poidan acceder a un posto de traballo De feito, pola experiencia de actividades anteriores, Nuria Carrera, responsable da empresa asegura que o 100% das persoas formadas neste sector atopan traballo e logran insertarse laboralmente, obxectivo último da actividade. As profesionais de axuda a domicilio viron incrementar a demanda a raíz da posta en marcha da Lei de dependencia pero tamén como consecuencia da evolución social que supón que moitos maiores e persoas dependentes non teñan quen os atenda correctamente. Un traballo duro, de moita responsabilidade pero tamén moi gratificante As interesadas en participar neste curso deberán chamar aos teléfonos da Concellaría de Igualdade e Servizos Sociais (986 408043 e 986 402608) e concertar unha entrevista. O prazo para realizar as solicitudes rematará o luns 30 do mesmo mes.

Nuria Carrera
A responsable da empresa Xentes explica que a inserción laboral é total
Responsabilidade e satisfacción
Unha formación moi completa para garantir que as alumnas saian preparadas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará