Para facilitar o acceso aos veciños que viven no casco vello podarase circular dende o luns polas rúas Campo das Redes e Espírito Santo.
A Praza da Constitución pecharase ao tráfico a partir do luns, 30 de novembro, por mor das obras que se están a desenvolver no centro da vila. Para facilitarlle a circulación aos veciños que residen no casco vello de Redondela abrirase ao tráfico a partir dese mesmo día as rúas Campo das redes e Espírito Santo, nas que xa se remataron as reformas que se levaron a cabo nos últimos meses. A circulación de vehículos só estará permitida para aquelas persoas que teñan o seu lugar de residencia na zona vella da vila. Tanto na rúa Campo das Redes como en Espírito Santo manterase o sentido de circulación habitual.