As Bibliotecas Públicas Municipais de Redondela asómanse á obra das escritoras da nosa historia en colaboración coa Radio Municipal de Redondela para conmemorar, neste 16 de outubro, o “Día das Escritoras”, unha iniciativa da Biblioteca Nacional de España, xunto con Fedepe (Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias) e con Clásicas y Modernas. Asociación para la igualdad de género en la cultura
Durante toda esta semana emitiremos a lectura dalgúns dos dos textos seleccionados polos organizadores para este ano, locutados por algúns membros da Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela.
Os audios soarán durante toda a semana e poderán atoparse tamén na web e redes sociais da emisora e das Bibliotecas Municipais de Redondela.