Os traballos de limpeza desenvolvéronse nas beiras dos tramos urbanos do Pexegueiro, Alvedosa e Maceiras, e continúan nos ríos Fondón e Maceiras de Chapela. A empresa encargada das labores de limpeza está especializada neste tipo de actuación e correu a cargo da concellería de Medio Ambiente.
A súa responsable, Pilar Martínez salientou que os traballos, dado que se realizan a través dunha empresa especializada nestas labores, “efectúanse cun estrito cumprimento de todas as normas de coidado medioambiental tanto da flora como da fauna, deixando zonas con vexetación para que todos os animais que viven nas ribeiras dos nosos ríos poidan críar e resgardarse”.
Puntualizou que as actuación céntrase exclusivamente nos treitos urbanos dos ríos “porque o Concello carece de competencia fóra desas marxes xa que pasa a ser competencia única e exclusiva de Augas de Galicia”.
Neste sentido, dende a alcaldía critican que “Augas de Galicia non comezara cos traballos de limpeza das zonas dos ríos que lle corresponden no Concello de Redondela, nin temos data de comezo dos mesmos, polo que dende a Concellería de Medio Ambiente, requeriulle a Xunta que acometa esta limpeza antes de que comecen as choivas”.