Xogadores do CD Choco nun partido anterior
Preferente
Choco 2-2 Barco
O equipo de Tizón aínda non coñece a derrota neste inicio de liga. Cando parecía que o partido ante o Barco en Santa Mariña estaba condenado ao fracaso cun 0-2 en contra, o equipo tirou de raza e foi quen de acadar a igualada. O CD Choco fixo unha gran segunda metade logo de ter comezao mal o partido. Á media hora de xogo xa perdían por 0-2 logo de que Carlos Cruz anotase para ourensáns aos 5 miniutos de comezar e Javi Pazos puxo o segundo. O paso por vestiarios supuxo un revulsivo para o equipo, cun triplo cambio co que Tizón mellorou o xogo do equipo. Malia a lesión de Caramés, que os obrigou a quedar con 10 porque xa se esgotaron as substitucións, o Choco tirou de raza. Adri, de cabeza, puxo o 1-2 no marcador e logo lanzou o disparo que poñía o empate a 2. Os de Redondela mesmo tiveron algunha acasión para darlle a volta nos últimos minutos, pero ao final o encontro quedou en táboas. A próxima xornada visitan o campo do Velle.
División de Honra Xuvenil
Val Miñor 1-1 Choco
Os xuvenis do Choco seguen sumando, e foron quen de traer un importante empate de Nigrán. Na próxima xornada reciben en Santa Mariña ao Veriña
Primeira Autonómica
Arcade 2-3 San Adrián. Na próxima xornada volver xogar na casa ante o C.Lameiro
Segunda Autonómica
Cesantes 3-3 Marcón
Campañó-Soutomaior
Na próxima xornada dispútanse os encontros: Marín-Cesantes e Soutomaior-Domaio
Terceira Galicia
Vincios 1-0 Atl.Vilar
Nieto 2-2 Nespereira
Chapela 3-2 Sanguiñeda
Próxima xornada: Atl. Vilar-San Roque; Nespereira-Lavadores e Gondomar-Chapela.