Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O cambio climático está a converter a enseada de San Simón nunha salina

Praia Salina San Simón

O quecemento global provocado polo cambio climático é xa unha realidade en todo o planeta, e Galicia non é unha excepción. O aumento da temperatura non se rexistra só no aire, senón tamén na auga. Isto repercute nas especies que viven nas nosas rías e prexudican o marisqueo que desde hai xa anos presenta unha maior mortaldade nos bivalvos. Moitas especies de peixe están a desprazarse tamén cara ao norte buscando augas máis frías, segundo explica Antón Lois, de Amigas da Terra

Antón Lois, da asociación ecoloxisa Amigas da Terra

Os efectos nocivos do cambio climático están a padecelos especialmente no sector primario, tanto na pesca e no marisqueo como tamén os agricultores e gandeiros. A situación afecta a moitos sectores produtivos nas rías galegas. É o caso das mariscadoras e tamén dos produtores de mexillón, que ven como cada ano que pasa os episodios de mareas vermellas con máis frecuentes e prolongados. Trátase da floración de algas nocivas que obrigan a pechar os polígonos de bateas e bancos marisqueiros xa que os bivalvos non son aptos para o consumo.

Os episodios de marea vermella son cada vez máis frecuentes e cunha duración máis prolongada

No caso concreto do litoral de Redondela, especialmente na enseada de San Simón, os prexuizos polo cambio climático son aínda máis intensos. A escaseza de precipitacións e o escaso calado do mar neste fondo de ría está a converter á enseada nunha salina “semellante á que houbo no seu tempo en Vilaboa”.

A enseada de San Simón está a converterse nunha salina

Ademais do cambio climático, tamén a contaminación e as especies invasoras son factores que fan mermar o marisco nas rías galegas. A universidade de Vigo leva desde 2014 analizando estes problemas. Teñen comprobado que a baixa salinidade do mar e o quecemento da area que provocan as choivas torrenciais e as vagas de calor caudan unha elevada mortaldade nos bivalvos, e ademais os que sobreviven teñen menor capacidade para reproducirse. Esta situación provoca graves problemas económicos nun sector do que viven centos de familias na nosa bisbarra.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará