Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xaime Rei: “Estamos acusados de prevaricación por actuar con responsabilidade”

RR_Noticias

O alcalde de Redondela e o edil de urbanimo, ambos os dous acusados de presunta prevaricación desmentiron que se tiveran cometido irregularidades nin na concesión das obras de renovación da rede de sumidoiro e abastecemento nin no procedemento de recoñecemento de crédito realizado para financiar eses traballos  

O alcalde de Redondela, Xaime Rei e o concelleiro de urbanismo Emilio González Iglesias aseguraron estar “absolutamente tranquilos” logo de que nas últimas horas se fixera público que ambos os dous están acusados dun presunto delicto de prevaricación que podería conlevar unha condena de nove anos de inhabilitación para cargo público. Os responsables políticos compareceron á unha da tarde ante os medios de comunicación para “explicar á cidadanía” os feitos que os levan agora aos xulgados. O alcalde insistiu en que nos feitos encausados “en todo momento se actuou con responsabilidade cos veciños”, recorrendo a un recoñecemento de crédito para realizar unhas obras necesarias para a cidadanía como era a reposición das canalización da auga e dos sumidoiros nas rúas Alfonso XII, Ribeira e Xeneral Rubín aproveitando que as rúas estaban levantadas por mor dos traballos de humanización. A Fiscalía pola contra entende que adxudicar ese traballos sen acudir a un procedemento público de adxudicación podería ser constitutivo dun delicto de prevaricación así como o feito de utilizar o recoñecemento extraxudicial de créditos para pagar as mencionadas obras. O edil de urbanismo explicaba que non se cometeron irregularidades “nin na concesión das obras que se adxudicaron á empresa que xa estaba a facer os traballos por tratarse dun modificado do proxecto orixinal que non alcanza o 20% nin tampouco no recoñecemento do crédito”. Ambos os dous políticos aseguraban estar completamente tranquilos á espera de que o proceso xudicial siga adiante. Aclararon ademais “en ningún caso a fiscalía está actuando de oficio senón en resposta a unha denuncia presentada por un veciño da vila, Ramón Rodríguez”, coñecido por ter levado ao xulgado en numerosas ocasións as actuacións do goberno local. As obras realizadas por Hidroscivil ascenderon a preto de 600.000 euros aos que hai que engadir 120.000 euros a maiores para financiar a reposición das canalizacións.

Xaime Rei
O alcalde afirma que actuaron con responsabilidade coa cidadanía
Emilio González Iglesias
O edil asegura que non se cometeron irregularidades
Tranquilidade
Os afectados afirman estar tranquilos e confiar na xustiza

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará