- Este evento pasou.
Títeres na Biblioteca de Chapela
24 Outubro 2023 @ 18:30 - 19:30
Co gallo da celebración o vindeiro martes 24 de outubro do Día das Bibliotecas, a Biblioteca Xela Arias convida ao seu público lector a un espectáculo que leva por nome “Onde viven os monstros”, unha obra de títeres da man de Carmen Domech.
Orientado a público familiar a actividade será o martes da vindeira semana ás 18:30 horas. A entrada é de balde, pero con prazas limitadas polo que as persoas que desexen asistir deberán recoller un pase na biblioteca, que se entregará dende media hora antes do comezo do espectáculo.
A actividade realízase no auditorio do Piñeiral do Crego, e ten lugar a través do programa Ler conta Moito da Xunta de Galicia.