Na madrugada de hoxe o temporal derrubaba unha árbore na rúa Regateiras no casco urbano, que se ven sumar ao salgueiros que onte se precipitaba sobre o paseo do Maceiras. Árbores que foron retiradas polo S.E.I.S quen tivo que actuar tamén noutros puntos do municipio con incidencias semellantes en estradas e vías públicas.
O servizo de emerxencias do SIE volveu actuar na mañá de hoxe para retirar unha árbore de grandes dimensións que se viu abaixo polo temporal na rúa Regateiras no casco urbano. Un tren de borrascas que continurán azoutando a bisbarra e que pode provocar novas incidencias nas vindeiras horas e nos vindeiros días.
Uns efectos previsibles cos primeiros temporais do outono, así o explica Aaron Fernández quen apunta que “a esta altura do ano moitas árbores chegan coas raíces débiles e secas logo do verán e non soportar nin a cantidade de auga nin a forza do vento”. Por ese motivo recomenda moita prudencia á hora de sair a pasear ou moverse por camiños rodeados de árbores.
Incide en que nun concello como o de Redodela con tanta zona arborada é moi doado que nalgún punto se produza unha caída de árbores ou de polas polo que hai que ser moi prudente cando saímos a rúa. Do mesmo xeito insiste en estar máis pendentes cando collamos o coche ante posible obstáculos na estrada que foran arrastrados polo vento ou calquera outra incidencia na vía.