Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un ferido leve nunha colisión frontolateral en Reboreda

accidente reboreda

Foto: Protección Civil Redondela

Un dos condutores implicados no accidente, que se producía ás 19:00 horas da tarde do pasado martes na parroquia de Reboreda, resultou ferido leve, sendo trasladado polo 061 a un centro hospitalario. Tamén onte producíase outro sinistro, neste caso na Avenida Santa Mariña. Unha colisión múltiple con catro coches implicados que, malia o aparatoso do accidente, saldouse sen feridos.

Protección Civil de Redondela informa do sinistro que se producía o martes ás 19:00 horas. Unha colisión frontolateral que se saldaba cun ferido leve. Un accidente no que interviron efectivos da garda civil que se fixeron cargo da investigación así como de conservación de estradas encargados de limpar o vial.

Na mañá de onte tiña lugar outro accidente, neste caso unha colisión na estrada N-550 nas inmediacións da capela de Santa Mariña. Un sinistro que se producía ás 7:30 horas da mañá e no que se viron implicados catro turismos sen que haxa que lamentar feridos malia os importantes danos materiais.

Caídas de árbores

Foto: S.E.I.S. Redondela

Na mañá de hoxe xoves foi necesaria novamente a intervención dos servizos de emerxencia para proceder a retirada dunha árbores que se caía no recinto escolar do IES Mendiño. Un incidente consecuencia do mal tempo das últimas horas que deixaba tamén nos últimos días árbores caídas tanto na rúa das Regateiras no casco urbano como no paseo do Maceiras.

Uns efectos previsibles cos primeiros temporais do outono, tal e como explican dende o S.E.I.S. Aaron Fernández apunta que “a esta altura do ano moitas árbores chegan coas raíces débiles e secas logo do verán e non soportar nin a cantidade de auga nin a forza do vento”. Por ese motivo recomenda moita prudencia á hora de sair a pasear ou moverse por camiños rodeados de árbores.

Incide en que nun concello como o de Redondela con tanta zona arborada é moi doado que nalgún punto se produza unha caída de árbores ou de polas polo que hai que ser moi prudente cando saímos a rúa. Do mesmo xeito insiste en estar máis pendentes cando collamos o coche ante posible obstáculos na estrada que foran arrastrados polo vento ou calquera outra incidencia na vía

Convídase a cidadanía a seguir unha serie de consellos como asegurar nas vivendas aqueles obxectos que poidan caer á vía pública e afastarse de árbores, muros ou edificacións en construción. Tamén extremar as precaucións no caso de ter que conducir.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará