Mondoñedo celebra esta semana as feiras e festas máis antigas de Galicia: As San Lucas, que teñen máis de oito séculos de historia. A edición deste 2023 comezou o pasado marte e prolóngase ata o domingo. Esta é unha boa excusa para visitar Mondoñedo e coñecer unha gran celebración que ten como protagonista a tradición cabalar galega. Rosana Prieto fálanos da súa historia.