Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG critica que o Concello renunciase a unha subvención de 200.000 euros para a estrada do Outeiro en Reboreda

bng estrada

Os nacionalistas esixen novo financiamento para acometer esta obra e instan ao goberno local a dar explicacións sobre os motivos que os levaron a renunciar a unha subvención de 202.840 euros procedentes do plan Concello da Deputación para realizar as obras de mellora na estrada do Outeiro.

Explica o edil nacionalista, David Couñago que “en setembro a alcaldesa Digna Rivas asinou unha resolución na que renunciaba a dita subvención, que en principio fora autorizada polo ente provincial”, unha decisión que ao seu entender “non conta con ningún tipo de xustificación”.

Lembran que o arranxo desta vía era unha promesa electoral do PSOE e insisten en que esta obra é imprescindible xa que se trata “dun dos viais máis deteriorados da parroquia de Reboreda cun importante movemento de tráfico rodado, cunha alta densidade de poboación e porque comunica diversos núcleos de Asnelle”. A obra permitiría ademais acabar cos problemas de evacuación e canalización das pluviais desta zona, que en ocasións mesmo tén provocado inundacións nalgunha vivenda.

Por este motivo, os nacionalistas xa presentaron un escrito solicitando explicacións ao goberno municipal polos motivos para renunciar a esta obra” e instan que o goberno “no prazo dun mes busque novos fondos para volver a orzamentar as obras na estrada do Outeiro de Reboreda”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará