A última vez que a familia estivo con Alejandra Soto foi no xantar de onte. Os familiares puxeron a disposición de todo aquel que poida aportar algunha información os números de teléfono 986 495 573, 665 891993 , 664 883 993 e o 600 773 862.
Alejandra Soto –Alján López, veciña da parroquia redondelán do Viso, permanece en paradoiro desaparecido dende a tarde-noite de onte, segundo confirmou a policía local. A moza, de pelo longo e castaño, ollos castaños, de complexión delgada e de 1,60 de altura, desaparecía na xornada do martes entre as 19.30 e as 21.00 horas. Os familiares alertaron da súa desaparición esta mañá despois de que a moza non regresara a casa. No momento da súa desaparición Alejandra vestía unha saia de cadros vermellos escoceses, uns leggins negros, botas negras baixas e unha cazadora negra de tela con caveiras e de cremalleira. A moza foi vista por última vez á hora do xantar na casa, sobre as 15.30, despois, segundo a irmá, quedaba soa na residencia familiar estudando. Alejandra ten o móbil apagado e saíu da casa sen carteira pechando a porta con chave. A rapaza estivo conectada ao Messenger onte pola tarde, segundo apuntaron os seus familiares, que piden axuda e poñen a disposición de todo aquel que poidan facilitar algunha pista o número de teléfono 986 495 573, 665 891993 , 664 883 993 e o 600 773 862.Os veciños xa comezaron a colgar carteis polas rúas e esta tarde reuniranse ás 20.00 horas na Asociación Cultural Santa María do Viso para coordinar as tarefas de procura.