Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As peonalizacións e o aparcadoiro de Vilavella xeran as primeiras friccións entre PSOE e AER

pacto goberno

Logo de catro meses da investidura de Digna Rivas, dende a Agrupación de electores critican a falta de compromiso por parte da alcaldesa á hora de poñer en marcha os puntos asinados no pacto de goberno que favoreceu a conformación dun bipartito en Redondela. Concretamente, dende AER sinalan dúas cuestións de “gran relevancia” que deberían xa en marcha como son “a reorientación do aparcadoiro de Vilavella con criterios medioambientais e as peonalizacións en diversas rúas no casco urbano” así como a falta de xestións con Vigo para promover un convenio de bombeiros para emerxencias.

A Agrupación de electores advirte a Rivas que non está a cumprir o acordo de goberno asinado con AER e salienta particularmente tres dos puntos asinados no pacto.

No primeiro caso lembran que unha das condicións que puxo AER para apoiar a Rivas como alcaldesa foi reorientar a filosofía do apacadoiro disuasorio e aproveitar o espazo que se está a recuperar en Vilavella incorporando criterios de sostebilidade. Con todo, “o estado actual das obras amosa que non se mudou nin unha coma o proxecto orixinal”. Onde había unha nave, simplemente construíu un aparcadoiro, sen unha mellor ollada de futuro para ese barrio. A oportunidade de recuperar a ribeira natural do río foi desperdiciada para sempre. A isto engaden que se está a desenvolver o proxecto sen que estea garantida a saída de vehículos pola rampla traseira da parcela.

En canto ao segundo punto lembran que no acordo de goberno recóllese literalmente que as peonalizacións das rúas Padre Sarmiento, Paseo da Xunqueira e a contorna da praza da Constitución serían inminentes e “ata o de agora o goberno de Digna Rivas, nestes catro meses, non fixo absolutamente nada”

Finalmente subliñan tamén o convenio  con Vigo para emerxencias vitais xa que malia acordarse que o concello ía promover con Vigo a sinatura dun convenio para que os bombeiros do parque de Teis deran servizo ás emerxencias vitais que puidesen xurdir no noso Concello “neste tempo, non consta nin o primeiro contacto para iniciar as conversas con Vigo, especialmente chamativo tendo en conta a suposta boa relación de Digna Rivas co alcalde do municipio veciño, Abel Caballero”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará