Hoxe é Xoves 21 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alba Fernandez, campioa de España de Pump Track

AlbaCampionatoPumptrack

A redondelá Alba Fernández, que desde nena practica motocrós, comezou hai uns meses a adestrar en dúas disciplinas de bicicleta: Pump Track e Descenso. Na modalidade de Pump Track acaba de proclamarse campioa de España na categoría Junior na proba disputada en Aragón, logo de coroarse campioa galega.

O Bike Park da localidade oscense de Fraga acolleu o domingo a segunda edición do Campionato de España de Pump Track, unha nova disciplina que agrupou neste nacional a máis de 160 participantes pertencentes a gran maioría ás categorías de formación. O Pump Track consiste nun circuíto formado por curvas estreitas e desniveis de diferentes alturas. Está pensado para o skate, o scooter, a patinaxe e tamén o ciclismo, no que hai uns 7 meses comezou a practicar Alba.

Alba Fernández, campioa de España de Pump Track

Esta modalidade deportiva comezou a medrar moito nos últimos anos, pero en Galicia aínda son poucas as instalacións para poder adestrar. No caso de Alba desprázase a Mondariz, co que debe compaxinar os seus estudos de Bacharelato cos adestramentos e as vaixes. Con todo, para esta deportista o esforzo que isto supón non é ningún “sacrificio”, e que ten claro que debe organizarse para levar ben os estudos e poder facer o que lle gusta “que é adestrar e participar en carreiras”.

Alba compaxina os adestramentos cos estudos de Bacharelato en Redondela

Para Alba e outros mozos e mozas da zona que practican Pump Track “o ideal” sería contar cunha pista en Redondela. Explica que non se trata dunhas instalacións que empreguen só aqueles que compiten nesta modalidade, senón que se trata de circuitos moi versátiles onde mesmo nenos pequenos poden circular con bicis ou patinetes.

Unha pista de Pump Track en Redondela poderían usala os deportistas pero tamén os veciños

En canto ao futuro deportivo de Alba Fernández, aínda lle queda moito podio ao que subirse. De momento fará un descanso dun par de semanas unha vez que rematou a temporada. En breve comezará a preparar a pretemporada de cara á campaña 23/24. O seu obxectivo é seguir mellorando tanto na modalide de Pump Track como na de descenso, e volver competir no circuito nacional portugués de motocrós.

Alba Fernández nunha proba de Pump Track en Galicia
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará