Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello impulsa a publicidade comercial en galego

comercio

As axudas destinadas ao comercio local recollen tres liñas de financiamento que permiten sufragar gastos para adecuar o local, promover a eficiencia enerxética así como usar o galego na rotulación interna e externa, na cartalaría, nas webs e redes sociais, en definitiva, empregar o idioma nas accións publicitarias que o establecemento realice a través de calquera medio.

Dende o goberno local destacan que a metade das axudas solicitadas foron destinadas a mellorar o uso do galego nestes locais o que amosa “o acertado de incluír esta subvención que buscaba ter unha incidencia real no sector e que a cidadanía aposte polo galego como unha marca de identidade e singularidade do sector económico”.

Dende o goberno local e dende Normalización Lingüística entenden que “a importancia da lingua é notable posto que supón incorporar un elemento de valor patrimonial á propia actividade económica”.

Dende a área de normalización, a cargo da alcaldesa Digna Rivas, explícase que esta promoción do galego é unha forma activa de participación da sociedade e da Administración arredor dun patrimonio inmaterial como é o galego. “Redondela é un referente para toda Galicia en canto ao fomento do galego. Por iso, estamos decididas a continuar nesta liña de medidas efectivas que afecten directamente aos veciños e veciñas”. A alcaldesa engade que “no sector da hostalaría e do comercio o galego é un idioma totalmente presente que se usa como un atractivo para os visitantes. En Redondela debemos comprender este valor que suma moito polo que dende o Concello queremos contribuír á súa incorporación en todos os sectores, sobre todo nos da actividade económica”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará