O documental de Anges Varda proxectarase esta mércores día 9 ás 20:30 horas no Multiusos da Xunqueira. A Asociación de consumo responsable Loaira persegue con esta iniciativa que o espectador se cuestione o modelo de consumo no que actualmente vivimos
A Asociación de Consumo Responsable Loaira proxecta este mércores dentro do Ciclo de Cinema Documental a película de Anges Varda “Os respigadores e a respidagora” . O filme, do ano 2000 trata sobre unha serie de respigadores que procuran comida, trapallada e diversos obxectos de refugallo. A cámara de Varna percorre diferentes historias tanto do rural como da cidade mostrando un universo oculto dun estilo propio e directo. O colectivo redondelán, quen xa proxectou o documental “Home” de Yann Arthus-Bertrand ten como obxectivo con este ciclo mover á reflexión e acción crítica sobre as diferentes formas de consumo ofrecendo ao espectador elementos de análise do noso propio modelo así como mostrar alternativas.