A Asociación Alborada traballa con pacientes de Redondela e Chapela no programa de intervención comunitaria “Ti si podes”. A traballadora social Cristina Rey e a educadora social Andrea Pérez trasladan o traballo da consulta á propia contorna dos usuarios. Visitan o seu domicilio, a contorna do barrio e tamén colaboran cos Servizos Sociais Municipais, asociacións como Lenda e coa Policía Local.
Escoita aquí a entrevista completa con Cristina Rey e Andrea Pérez, de Alborada