Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Regresan as visitas guiadas ao cemiterio dos Eidos

cemiterio eidos

O cemiterio “máis bonito de España” recupera o programa de visitas guiadas con dúas datas que precisan de inscrición previa na oficina de Turismo ou no teléfono 986 401713. A primeira das visitas será este mesmo venres día 27 ás 19:30 horas e xa en novembro haberá unha nova posibilidade de coñecer os segredos deste antigo camposanto o venres 24.

Unha iniciativa do Concello que busca a posta en valor dun cemiterio construido en 1833 dándoo a coñecer entre veciños e visitantes. Lembramos que a construción do cemiterio dos Eidos remóntase aos anos 30 do século XIX. Un camposanto que alberga estatuas e panteóns de gran valor artístico e histórico. Un lugar que conta con fosa común, na que foron soterrados 42 republicanos e tamén outras persoas de nome salientable como o heroe da batalla de Ponte Sampaio John O’Dogherty, os exalcaldes Telmo Bernárdez e Ramón Pardo, a mestra Ernestina Otero ou o médico e político Alejandro Otero.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará