Un ocupante dun Opel Astra resultou ferido leve na xornada de onte logo de que o vehículo no que viaxaba se precipitase ao mar en Cesantes
Os feitos producíronse pasadas as nove da noite de onte cando por un despiste o vehículo precipitouse ao mar cando o seu condutor manobraba nunha rampa preto do peirao. No sinistro resultou ferido leve a copiloto do vehículo quen foi trasladada en ambulancia a un centro médico de Vigo.
O turismo quedou inmobilizado no areal aínda que os dous ocupantes puideron saír polos seus propios medio e solicitar axuda á Policía Local e ao Grumir.
As tarefas para rescatar o coche complicáronse debido á que a marea estaba altar polo que foi necesaria a axuda dun guindastre.