A Asociación Alborada, que traballa desde hai décadas no tratamento e prevención das adicción, puxo en marcha un novo programa con pacientes de Redondela e Chapela. Trátase do programa de intervención comunitaria “Ti si podes”. A traballadora social Cristina Rey e a educadora social Andrea Pérez trasladan o traballo das consultas tradicionais á contorna dos usuarios. Visitan o seu domicilio, o seu barrio e implican tamén aos servizos sociais do Concello e as asociacións da zona. Rey explica que o traballo en Chapela comezou hai xa anos pola proximidade xeográfica do seu centro de Vigo a este barrio de Redondela “e que o resultado foi moi positivo”.
Agora, con máis financiamento, teñen en marcha o programa de intervención comunitaria “Ti si podes”, co apoio do Servizo Galego de Saúde e a colaboración do Concello de Redondela.A problemática á que se enfrentan é moi diversa, xa que nas visitas domiciliarias atopan tamén en ocasións casos de violencia e outros traumas familiares, como explica Andrea Pérez.
Este tipo de programas xa se feito en intervencións para casos de saúde mental, pero é novidoso no tratamentos de adiccións. O prinicipal cambio é que no programa “Ti si podes” o paciente non acude á consulta ou ao despacho dos profesionais, senón que as reunións fanse na propia contorna do paciente, “no seu domicilio, con visitas ao barrio, están máis coidadeos e créase un vínculo maior”.
A problematica que presentan as persoas con adiccións non só lles afectan a eles, tamén a súa contorna, ao seu barrio, e mesmo ás veces as traballadoras do programa detectan focos de venta de droga. Por iso a avordaxe dos problemas ten que se ampla “e este programa ten un enfoque comunitario moi potente”.
Este programa foi seleccionado, ademais, para ser incluído nunha guía de boas prácticas tras presentarse a unha convocatoria internacional de proxectos comunitarios convocada pola Rede Iberoamericana de ONG que traballan en Drogas e Adiccións.