Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O IES de Soutomaior reclama un grupo de atención á diversidade

ies-soutomaior_img617571t0

O Instituto de Soutomaior demanda un grupo de atención á diversidade despois de que a Xunta deixe ao alumnado sen o Programa de Diversificación Curricular (PDC) que se viña aplicando nos últimos anos no centro educativo e co que tanto o profesorado como os pais e nais contaban para este ano escolar. Este programa é unha ferramenta que ten por obxectivo que aqueles alumnos e alumnas con máis dificultades podan ser xuntados nun grupo de atención á diversidade que atenda as súas dificultades e lles permita seguir cos seus estudos coas mesmas garantías que o resto do alumnado.

Unhas reclamacións que recolle tamén o BNG da localidade quen entende que este Programa de atención a diversidade “é imprescindible para que os que máis o precisan teñan a súa disposición este programa que defende o seu dereito a recibir unha educación pública digna e de calidade”. Neste sentido, o BNG pide que se busquen solucións para garantir os dereitos da comunidade educativa de Soutomaior.

O responsable local do BNG, José Costas,asegurou que “non é normal que a Xunta recorte na ensinanza pública, e moito menos cando eses recortes afectan ao alumnado que máis necesita de ferramentas específicas para seguir adiante coa súa ensinanza. Estes recortes na ensinanza pública só provocan que, mentres aquelas familias que si dispoñen de recursos poden buscar alternativas para garantir a atención educativa dos seus fillos e fillas, aquelas familias que non conten con eses recursos non poderán facelo

Costas tamén anunciou que o BNG levará nas vindeiras semanas esta situación ao Parlamento galego, co obxectivo de demandar solucións. Pola súa parte, o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo,tamén solicitou en varias ocasións á Xunta que revise a denegación do PDC ao IES Soutomaior, co obxectivo de non deixar sen este servizo tan necesario ao alumnado do instituto para que todos os rapaces e rapazas conten coas mesmas oportunidades educativas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará