Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno de Redondela aproba o prego para a contratación do Servizo de Axuda no Fogar por 4,8 millóns de euros

pelno outubro

Non houbo unanimidade, pero a proposta presentada polo goberno local contou co apoio dos concelleios de AER e BNG mentres que o PP optou pola abstención argumentando que “o prioritario é evitar que a actual concesionaria, Os Ventos, siga xestionando este servizo”. O novo prego de axuda a domicilio sairá a contratación por un valor de 4’8 millóns de euros e unha duración de dous anos máis un de prórroga. As arcas municipais deberán achegar 600.000 euros anuais, mentres que o resto será cofinanciado pola Xunta e o goberno estatal.

O novo prego da axuda a domicilio sairá a contratación por un valor aproximado de 4,8 millóns de euros cun prezo máximo por hora de 23,2 euros, o que suporá un incremento importante de prezo tendo en conta que actualmente se abona por ese concepto en torno aos 16,8 euros. A responsable de Servizos Sociais, Iria VIlaboa, salientaba ademais que se inclúen no expediente outras melloras que teñen que ver principalmente coas condicións laborais e a estabilidade coa que van contar as traballadoras que atenden a estas persoas dependentes co obxectivo de manter  e potenciar a autonomía dos beneficiarios e mellorar a súa calidade de vida.

A concelleira salientou que se trata “dun documento consensuado e traballado con todos os implicados –traballadoras de Servicios Sociais, sindicatos e partidos políticos- que achega as ferramentas que mellorará o actual servizo”. Facía un chamamento ao resto dos grupos a apoiar este documento e lograr así “que Redondela sexa un referente na prestación do Servizo de axuda a domicilio”.

Iria Vilaboa, PSOE

Dende o BNG salientaban a necesidade de que as 50 traballadoras que realizan este traballo “o fagan nas mellores condicións posibles” para atender a eses 120 usuarios e usuarias que o precisan. Xoan Carlos González insistía en que o SAF é un dereito como a sanidade ou a educación e que debería ser a Xunta quen asumise este investimento “sen embargo o goberno galego só achega unha parte do custe o que lle supón ao concello ter que achegar 600.000 euros anuais para poder facer fronte ao mesmo”.

Xoán Carlos González, BNG

No mesmo sentido ían as declaracións do edil de AER quen reclamou que “este servizo debería estar incluído na Sanidade” e criticou que nos últimos meses os partidos políticos empregaran o problema do SAF como unha ferramenta para apañar votos, prometendo solucións que non eran posibles e con falsas promesas. Preguntáballe tamén Roberto villar ao PP “por que a Xunta non rescatou o servizo cando este era tan desastroso”.

Roberto VIllar, AER

Os populares optaron pola abstención argumentando que era imprescindible sacar estes pregos adiante para retirar a concesión a empresa Os Ventos. Con todo, aproveitaba o voceiro do PP, Javier Bas, a súa intervención para cargar contra a alcaldesa Digna Rivas a quen fixo responsable da situación vivida nos últimos meses “pola súa pasividade, por non sacar os pregos con anterioridade e por manter un servizo deficitiario que levou a 23 usuarios a darse de baixa do mesmo mentres o goberno local facía oídos xordos as centos de queixas que se presentaban por rexistro”.

Javir Bas, PP

Aprobados os pregos agora abrirase o proceso de licitación para a contratación da nova empresa que deberá facerse cargo da xestión do Servizo de Axuda no Fogar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará