Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O spa de Chapela será unha realidade no 2011

RR_Noticias

O goberno local investirá a totalidade do Plan E para o vindeiro ano, 3’2 millóns de euros, nas obras de construcción do complexo náutico deportivo de Chapela. A Federación Veciñal critica que os fondos non cheguen a outras parroquias e que se invistan nunha piscina con spa cando hai outras necesidades máis urxentes

O concelleiro de urbanismo e asuntos económicos, Emilio González Iglesias afirma que a construcción do complexo náutico deportivo de Chapela adxudicarase o vindeiro ano con cargo aos 3’2 millóns de euros que achegará a Redondela o novo Plan E. As instalacións deportivas, que se instalarán no solar da antiga fábrica de Carballo, poderían estar concluídas no 2011. Unha obra que dotará á parroquia de Chapela dun completo centro deportivo dotado de dúas piscinas cubertas -unha para nenos e outra para adultos- centro de talasoterapia, spa, ximnasio e un espacio de aproximadamente 800 metros cadrados para as instalacións do club de remo de Chapela. González Iglesias asegura que a obra cumpre todos os requisitos do novo Plan estatal para o estímulo do Emprego xa que ademais de xerar empregos durante a súas construcción podería crear 25 postos de traballo permanentes unha vez entren en funcionamento as instalacións. Unha decisión a de investir a totalidade dos 3’2 millóns do plan E nesta obra que non foi ben acollida pola Federación Veciñal de Redondela, un colectivo dende o cal critícase que se invistan os fondos do Plan Estatal na piscina con spa cando ao seu entender existen outras carencias moito máis urxentes na propia parroquia de Chapela como unha gardería municipal ou un centro de día para maiores. Ademais entenden que o goberno local está a actuar de xeito discriminatorio ao investir a totalidade da partida nunha única parroquia, impedindo así que os fondos cheguen a todos os cidadáns do municipio.

Emilio González Iglesias
o edil asegura que a obra podería estar practicamente rematada no vindeiro ano

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará