Preferente
Choco 2-2 Porriño Industrial
Terceiro empate consecutivo para o Choco, e o quinto no últimos seis partidos. Unha vez máis os de Tizón deixaron escapar dous puntos nos últimos intres do encontro. Esta xornada no partido ante o Porriño os dous equipos buscaban o triunfo. O Choco o que creou as primeiras ocasións, e foi Adri o primeiro en anotar. A vantaxe non durou moito porque o Porriño anotaba o empate antes do descanso ao aproveitar Telmo un centro. E metade a tónica foi a mesma. O Choco adiantouse cun gol de Samu que poñía o 2-1 no marcador, e cando Santa Mariña xa contaba cos tres puntos os da Louriña poñían o 2-2 que sería xa definitivo. O CD Choco é o equipo da liga que máis empates leva asinados neste comezo de liga. Na próxima xornada recibe ao Vilalonga, líder da Preferente.
División de Honra Xuvenil
Compostela-Choco aprazado
Suspendido o derbi galego entre Compostela e Choco . Os dous equipos estaban preparados para saltar ao terreo de xogo pero era tal a cantidade de auga que caía neses momentos que o terreo de xogo non foi capaz de drenarla. As pozas en diferentes zonas do campo de herba sintética levaron aos dous equipos, en acordo co colexiado, a suspender o partido. Agora os dous equipos buscarán data para a disputa do partido. Na próxima xornada de liga outro derbi, reciben en Santa Mariña ao Celta.
Primeira Autonómica
Val Miñor 1-0 Arcade
Na próxima xornada Arcade-Sta Mariña
Segunda Autonómica
Cesantes 2-0 Monteporreiro
Contra todo prognóstico, o Cesantes, que comezaba o partido como pechacancelas do grupo, impúxose ao que saltaba ao terreo de xogo como líder, o Monteporreiro.
Bueu 0-2 Soutomaior
Na próxima xornada dispútanse os encontros Xil-Cesantes e Soutomaior-Marcón
Terceira Galicia
Rápido de Bouzas 2-0 Atl Vilar
Teis 2-1 Nespereira
Chapela 2-1 Arbo
Na próxima xornada: Atl Vilar-Racing de Castrelos; Nespereira-A Guía; Areas B-Chapela