Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Exposición de fotografías antigas en O Viso

RR_Noticias

A Sociedade de Agricultores mostrará durante dous fins de semana as imaxes cedidas polos veciños da parroquia a través das cales se fai un percorrido polas costumes, oficios, momentos de ocio e evolución da paisaxe na zona

A asociación cultural Santa María do Viso inaugura esta fin de semana unha exposición de fotografías antigas cedidas polos veciños. O colectivo veciñal estivo recompilando estas imaxes durante todo o ano co obxectivo de poñelo en valor e difundilo entre os veciños. A exposición levou aos integrantes da asociación a percorrer os domicilios da parroquia quen cederon instantáneas con temáticas diversas como retratos, fotos de grupos, imaxes panorámicas de O Viso ou mesmo algunhas que retratan os traballos tradicionais como o marisqueo ou as labores de campo. A exposición inaugúrase mañá sábado ás 17:00 horas na Sociedade de agricultores de o Viso e as oito procederase á entrega dos premios do concurso “O viso, terra de meigas”. A mostra permanecerá aberta os sábados 12 e 19 pola tarde e os domingos 13 e 20 pola mañá

Xosé Covelo
As imaxes lebran usos e costumes nalgúns casos xa esquecidos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará