Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arcade de Riba engalánase para o Samaín

bruxa

Unha pequena comunidade de veciños -tan só seis casas- no barrio de Arcade da Riba en Soutomaior decidiron sumarse á celebración do Samaín sacándo á rúa unha decoración terrorífica elaborada por eles mesmos. De xeito artesanal, botando man de todo o que teñen na casa e con material de reciclaxe fixeron pantasmas, lápidas, teas de araña, bruxas voando nas súas vasoiras… uns elementos que xa están colocados en diferentes puntos do concello e que animan a saír a rúa incluso con este tempo tan desapacible.

Ana Solla é unha das veciñas que está detrás da iniciativa. Asegura que todo xurdiu tomando café “somos un grupos de veciños moi animados e en canto tivemos a idea xa todos nos puxemos a traballar e a decorar o barrio”.

Uns veciños sempre moi ben dispostos como xa o teñen demostrado noutras iniciativas promovidas dende a Asociación Pozovello como a decoración de Nadal que ano tras ano adquire máis pulo e suma elementos decorativos e participación como no concurso de espantallos que no pasado mes de maio decoraron a aldea e se converteron en todo un atractivo na zona.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará