Amparo Alonso preside, dende hai cinco anos, a Asociación contra o Cancro de Redondela. Rodeada dun grupo de doce mulleres as súas actividades buscan dar a coñecer os diferentes servizos cos que conta a asociación e que buscan mellorar a calidade de vida das persoas con cáncer e servir de apoio tanto aos pacientes como as súas familias.
Malia que o cargo supón vivir “situacións complicadas” tamén recoñece que aporta “moitas satisfaccións” sobre todo cando percibe que a súa labor supón unha axuda para moita xente.
Charlamos con ela no espazo As Mulleres contan, precorrendo camiño, unha iniciativa da Concellería de Igualdade en colaboración coa Radio Municipal..