Hoxe é Xoves 21 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ao CD Choco sóbralle o último minuto

choco villalonga

O CD Choco viu como se esfumaban dous puntos en Santa Mariña nos últimos intres do encontro. A piques estivo o equipo redondelán de acadar a xesta de vencer ao líder, o Villalonga FC. Na segunda parte púxose por diante cun gol de Capelo, pero Barbeito empatou para o equipo visitante no minuto 89. O Choco está a abonado ao empate, co de onte son xa seis nas sete últimas xornadas

Preferente

CD Choco 1-1 Villalonga FC

O encontro disputado onte en Santa Mariña estivo marcado polo forte vento. Na primeira parte non houbo ocasións claras para ningún dos equipos. Foi na segunda metade cando o Choco saiu máis enchufado e foi quen de poñerse por diante no marcador grazas a un disparo desde a frontal da área de Capelo no minuto 72. O Villalonga non se resignou e buscaba o empate, pero sen éxito. Cando xa parecía que os tres puntos quedaban en Santa Mariña, Alejandro Barbeito puxo o 1-1 grazas a un córner no minuto 89.

Logo desta xornada 10ª xogada onte aproveitando o festivo, os de Tixón preparan xa o próximo encontro. O Choco xogará o domingo ante o Ribadumia, que tamén empatou onte co Velle. Será no campo da Senra ás 17.00 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará